O 19 de agosto terá lugar a 28ª edición da Festa Convivencia cos maiores que organiza, este ano en Castro de Loureiro, a Fundación O Noso Lar. Este ano o lema é “Os maiores, gardiáns do noso patrimonio cultural”. E o programa é o seguinte:
12:30 h Celebración da Eucaristía
13:30 h Homenaxe aos maiores de 90 anos
14:30 h Xantar compartido
17:30 h Concerto do grupo de música folk Millo Verde – Cantares dos Pendellos de Agolada
Por outra parte, a igrexa de San Martiño de Lousada (Samos) será rehabilitada, pois ten derrubadas a cuberta da nave lateral, o presbiterio e a sancristía. Desde fai uns 40 anos, os oficios relixiosos lévanse a cabo na igrexa de San Román de Lousada.
A Xunta de Galicia elaborará outro proxecto para que se adapte ás características actuais. A intención é que estean concluídas as obras para o próximo Ano Santo 2021.
Ao templo de San Martiño de Lousada, unha das primeiras manifestacións de románico da provincia de Lugo, o historiador Francisco Vázquez Saco recoñécelle “valores artístico-arquitectónicos”.
Con respecto á historia, nunha escritura do Tombo de Samos do ano 872 xa se menciona Lousada. E por razón do Voto de Santiago, a Parroquia de San Martiño de Lousada achegaba no ano 1050 un tecido de la de 9 cóbados de longo.