O vindeiro martes 2 de febreiro ás 17 horas, celebrarase a Santa Misa, na Catedral de Lugo presidida polo señor Bispo Don Alfonso Carrasco. No día da Festa da Presentación do Señor, rezarase dando grazas a Deus polo don da Vida Consagrada na diocese e pedíndolle que siga suscitando no corazón dos mozos o desexo de seguir a Xesucristo nesta vocación de oración, amor e servizo.
A Igrexa diocesana de Lugo únese neste día, á oración de toda a Igrexa, por todos os consagrados: monxas, monxes, relixiosas e relixiosos, institutos seculares e novas formas de vida consagrada. Pedindo ao Señor para que sigan rezando e servindo con alegría a todos os homes aos que son enviados.
A Xornada Mundial da Vida Consagrada este ano ten como lema “A vida consagrada, parábola de fraternidade nun mundo ferido”.