O domingo 21 terá lugar o Xubileu das persoas que se dedican á protección animal e da natureza, e tamén se fará a bendición ao finalizar a Eucaristía das 12:00 horas.
O mércores 17 de xaneiro celébrase a festividade de San Antón Abade, protector dos animais. Por iso, ao finalizar a Eucaristía das 18:00 h farase a bendición dos animais.
Próximos xubileus
O domingo 28 ás 12h Xubileu dos medios de comunicación e o día 30 (Día escolar pola non violencia e a paz) será ás 11h o Xubileu da ensinanza, celebrándose unha xornada de convivencia con colexios.