O domingo 24 de setembro, no Corpiño celebrouse o Xubileu dos traballadores do mar, o cal contou cunha gran afluencia de fieis.
Na Carballeira do Santuario comezouse ás 11:40 coa Bendición a todos os peregrinos por parte do reitor do Santuario, José Criado Sánchez. Na carballeira reuníronse co grupo de voluntarios e devotos que chegaban de realizar o Camiño dos pastorciños incluíndo peregrinos vindos de Girona. Seguidamente realizouse a Procesión cara á Porta do Ano Santo.
Ás 12 h tivo lugar a Eucaristía por todas as persoas relacionadas co mar e vítimas de naufraxios. Ao finalizar a celebración produciuse a Bendición de todos os profesionais do mar e dos utensilios de traballo que portaron e houbo unha oración especial pedindo a súa protección e a das súas familias.