Continúa a súa andadura o Ano Xubilar Mariano no Santuario da Benaventurada Virxe do Corpiño. O día 19 de novembro será o Xubileu dos condutores.
Ás 12:00 h, Eucaristía por todas as persoas que sexan condutores e por todas as vítimas de accidentes de tráfico e os seus familiares. Ao terminar impartirase a bendición a todos os presentes.
Un día antes, o sábado 18 de novembro ás 18:00 h, visitará o Santuario unha concentración de coches antigos.
Durante a semana segue acudindo moita xente, como é o caso de fregueses ds parroquias de San Francisco Xavier e San Xosé de A Coruña (foto inferior), que están no Corpiño o 16 de novembro.