A Diocese de Lugo súmase à celebración das Xornadas Europeas de Patrimonio, este ano baixo o lema “Patrimonio Sostible”. As primeiras actividades programadas son as seguintes:
O día 14 na igrexa de Santa Mariña de Folgoso do Courel, a restauradora María Teresa López Pérez presenta o relatorio “Restauración do Retablo da Virxe do Rosario”. O obxectivo é mostrar ao público os procedementos necesarios para protexer, conservar e restaurar os bens culturais, neste caso, bens de uso cultual e litúrxico en uso e sensibilizar sobre as técnicas e materiais que se usan en restauración. A todos os asistentes entrégaselles o libro O Courel. Bajo la cruz de Santiago, s. XII – s. XIX
E outra actividade será o sábado 17 de setembro en horario de 10 a 14 horas. Consiste nunha procura de once representacións animais distribuídas pola Catedral de Lugo e o Museo Diocesano Catedralicio. Á entrada da Catedral entregarase aos visitantes un cartel coas once representacións animais que deben buscar e que pertencen a obras de distintos séculos e estilos.
A actividade será conducida polo director do Museo Diocesano Catedralicio de Lugo, Marcos Calles, o cal durante o horario da actividade axudará aos visitantes, explicará a relevancia histórico-artística de cada peza artística, así como a importancia da conservación de cada unha destas obras que forman parte de nosa historia. Actividade sen custo adicional ao prezo da entrada.