Cáritas Diocesanas de Lugo organizou as segundas xornadas de autoemprego baixo o título `Por que non… ?’ para persoas que buscan no autoemprego unha alternativa ao traballo como asalariado ou un complemento.
A actividade, realizada durante as mañás dos días 28 e 29 de agosto, forma parte do proxecto Empréga-te, posto en marcha por Cáritas. Os asistentes estaban inscritos no servizo de emprego da institución.
O primeiro día houbo testemuños de tres profesionais que crearon o seu propio posto de traballo. E o día 29 explicáronse polo miúdo as distintas fases do proxecto Empréga-te, incluíndo un taller de redacción de distintas ideas de negocio.