O luns 4 de febreiro, na Casa de Exercicios de Santiago (zona Campus Sur), de 10 a 14 h. ten lugar o encontro de capeláns de hospitais, residencias para compartir formación sobre a Lei de Protección de datos, os coidados paliativos e a dimensión espiritual na práctica hospitalaria. Ademais de contar coa presenza do Bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco, tamén estarán:
-
o Dr. José Álvaro Fernández Rial, que traballa no Hospital de Lugo,
-
o Conselleiro de Sanidade Dr. D Jesús Vázquez Almuiña, que presentará a Lei Galega de 2015 sobre coidados final da vida e
-
o sacerdote e médico José Luis Méndez, novo Director do Departamento de Pastoral da Saúde da Conferencia Episcopal, que presentará a Campaña deste ano. O tema é o voluntariado e o lema “Gratis recibistes. Dade gratis”.