O 7 de outubro celébrase a Xornada polo Traballo Decente e con tal motivo hai varios actos en Lugo organizados por Igrexa polo Traballo Decente, Cáritas, Confer, HOAC, Fundación Juan Soñador e Taller de Solidariedade. O tema central será o das mulleres que traballan como empregadas de fogar. O primeiro dos actos foi o xoves 6 de outubro ás 20 h na igrexa Santiago a Nova, onde se celebrou a Eucaristía e ao seu remate a escritora Marica Campo fixo a lectura do Manifiesto polo Traballo Decente.
E para o venres 7 de outubro no Vello Cárcere está programado o seguinte:
Ás 19 h a coordinadora xeral da asociación Mobilidade Humana e secretaria da Rede de Mulleres de América Latina, Soledad Lucero, ofrecerá unha breve exposición sobre a experiencia das mulleres que traballan como empregadas de fogar e como coidadoras.
Ás 19:15 haberá unha mesa redonda moderada polo párroco de San Francisco Xavier, Jesús Fernández Aira, e na que intervirán:
-
Ana Pereiro, Secretaría de Política Social de UXT;
-
Carmen Seoane, Secretaría Igualdade e Muller de CC.OO. ;
-
Javier de Cominges, avogado e profesor;
-
Juan José Rodríguez, director provincial do INSS e da TXSS de Lugo;
-
Laura Arrojo, Secretaría da Muller de CIG Lugo-A Mariña;
-
Silvia Alonso, Concelleira de Muller e Igualdade do Concello de Lugo
[Carta pastoral de Mons. Alfonso Carrasco] [Manifesto] [Nota da Pastoral Social da Conferencia Episcopal]