O 25 de marzo celébrase a Xornada pola Vida co lema, “A luz da fe ilumina o atardecer da Vida”.
Nunha entrevista concedida a COPE Lugo, o Delegado de Familia, Rodrigo Rúa, considera que “na nosa Diocese é unha xornada especialmente significativa por canto todos constatamos o avellentamento da poboación no mundo rural. A Igrexa fai un chamamento a mirar con ollos novos esa realidade, que pode parecer pequena, pero que hai que mirar cunha profunda esperanza: é unha etapa importante e valiosa na vida das persoas, dos maiores e dos xoves tamén. Quizais o problema que afecta a todas as etapas da vida é cando a vida se contempla desde un punto de vista utilitarista e entón descártase a vida do non nacido porque ten as súas implicacións na vida das persoas. E parécenos que a atención aos anciáns supón un coste importante. Temos que superar esa visión utilitarista; as persoas teñen unha dignidade intrínseca vista desde a fe: somos imaxe de Deus e aos ollos de Deus toda vida humana é fermosa, valiosa, un don e un tesouro que temos que coidar”.