O lema da Xornada Mundial do Migrante e do Refuxiado (26 de setembro) é «Cara a un nós cada vez máis grande». É unha ocasión para pór diante a vacina definitiva que a familia humana necesita: saír dun «nós» pequeno, reducido por fronteiras ou por intereses políticos ou económicos, para ir a un «nós» incluído no soño de Deus, no que vivamos como irmáns compartindo a mesma dignidade que El nos dá.
“Cómpre humanizar as crises, responder socialmente desde o horizonte da fraternidade humana, denunciando a instrumentalización da dor e a pobreza.
“Que estean abertas as portas alí onde camiñe a Igrexa e que o migrante se incorpore cada vez máis, en todos os procesos de participación, de vida e de fe.
“Esforcémonos en constituír un sistema que normalice a migración legal e segura a longo prazo, e que se base plenamente nunha ética apoiada nos dereitos humanos, no horizonte de fraternidade universal e no dereito internacional”.
Da Mensaxe dos bispos da Subcomisión Episcopal para as Migracións e Mobilidade Humana