É de toda xustiza que as familias dos miles de mortos pola pandemia teñan un protagonismo especial o día 31 de maio, xornada “enxugar as bágoas”, sen que por iso apartemos a nosa atención a todos os accidentados na estrada ou perderon a un ser querido nun accidente de circulación.
Esta é unha xornada para lembrar a quen viven doloridos debido a un accidente de tráfico, ou como está a suceder este ano pola pandemia do coronavirus. Dor acrecentada ao non poder acompañar nos últimos momentos aos seres queridos nin poderlles celebrar os funerais na igrexa nin acompañalos ao cemiterio, rodeados polos familiares e amigos.
A caridade cristiá impídenos pasar de longo á vista dun irmán noso malferido no camiño, senón, curar as súas feridas e axudalo a recuperarse, aínda que para iso teñamos que investir tempo e diñeiro (Lc 10, 29-37).