Unha das accións que programou para este curso a Delegación de Liturxia é organizar unha Xornada de Formación Litúrxica, que se concreta o mércores 10 de outubro no Seminario, onde se reflexionará sobre como a celebración litúrxica crea unha vida espiritual.
A relatora é a irmá Carolina Blázquez Casado, OSA, priora do Mosteiro da Conversión de Sotillo de la Adrada, Doutora en Teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca e profesora en San Dámaso, no Bienio de Liturxia.
O horario é o seguintes:
-
10:15 Presentación. Oración
-
10:30 Relatorio: A liturxia, escola de vida cristiá. Liturxia, espiritualidade e vida cristiá
-
11:30 Descanso
-
12:00 Comunicacións varias
-
12:15 Relatorio: Relacións entre liturxia e piedade popular
-
13:15 Diálogo coa relatora
-
16:30 Relatorio: A necesidade dun método litúrxico: recuperar a mistagoxía
-
17:30 Diálogo
-
18:00 Fin da xornada
Esta xornada é aberta a sacerdotes, consagrados, ademais de fieis laicos.