Os bispos españois convocan aos católicos a unha Xornada de xaxún e oración o mércores 16 de decembro, para pedir ao Señor que inspire leis que respecten e promovan o coidado da vida humana. Convídase a cantas persoas e institucións queiran unirse a esta iniciativa. No lugar da eutanasia hai actuacións acordes coa verdade e a xustiza, como o coidado integral que alivia a dor, consola e ofrece a esperanza que xorde da fe e dá sentido a toda a vida humana.
[Resumo da nota da Conferencia Episcopal Española sobre a lei da eutanasia]