O venres 2 de marzo o Seminario Menor Diocesano celebra a II Xornada de Portas Abertas deste curso. Está dirixida ás familias e aos rapaces interesados no coñecemento do Seminario Menor, así como a calquera outra persoa desexosa de achegarse a esta realidade diocesana. Será un momento para dar a coñecer a proposta educativa, as instalacións, o funcionamento ordinario da vida académica e comunitaria, algunhas das actividades e proxectos que se realizan ao longo do curso… A asistencia é libre, e non é necesario confirmala previamente; abonda con presentarse na Aula Magna (acceso dende o vestíbulo principal).
- 18h Tralo saúdo e a presentación, visítanse as instalacións do Seminario Menor, con algunhas paradas en sitios puntuais para coñecer as actividades e os ritmos de funcionamento do Centro.
- 19:30 h Remate.
Con esta II Xornada de Portas Abertas o Seminario quere achegarse ás familias que están pensando no Centro de ensino para os seus fillos no próximo curso ou máis adiante no tempo, permitindo un coñecemento de primeira man do lugar e do proxecto educativo.
Está aberta a reserva de praza para o curso 2018/19 en ESO e BAC (internado ou mediopensionista). Para máis información:
teléfono 982 220 100 e no correo info@seminariodelugo.org