Recollendo a invitación do Sr. Bispo na presentación do Plan Pastoral para priorizar a catequese o xoves 28 de decembro celebrouse a Xornada de Formación Permanente no Seminario en sesión de mañá.
O relator foi o delegado de catequese de Santiago D. Miguel López Varela, e tratou o tema: Unha parroquia que evanxeliza, é unha parroquia que inicia.
Catequistas e axentes de pastoral estaban invitados a este encontro que tivo lugar a partir das 11:00 h no Salón de actos do Seminario.