O sábado 15 de outubro hai unha xornada formativa para o profesorado de Relixión baixo o título: “Pedagoxía da Misericordia. O corazón ten razóns que a razón non entende”. A partir das 9:30 h no salón de actos do Seminario de Lugo desenvolveráse un programa consistente en 2 relatorios pola mañá e outros dous pola tarde (a partir das 16h). Os títulos dos relatorios son os seguintes:
-
A pedagoxía divina
-
A pedagoxía da misericordia
-
A misericordia na Biblia
-
A misericordia na súa perspectiva didáctica