O xoves 10 de outubro a Delegación Diocesana de Liturxia organiza no Seminario unha xornada de formación litúrxica. O tema será “A Piedade Popular e a Liturxia” e incluirá os seguintes aspectos:
-
A forza evanxelizadora da piedade popular
-
Aspectos canónicos da celebración da Eucaristía
-
A piedade popular e a liturxia
-
Os sacramentais
-
A música e o canto. Expresión da piedade
-
A primacía do domingo e o día litúrxico propio. Reflexións sobre as celebracións da Virxe e os santos
-
Programar unha Novena
Relatores:
-
Ramiro González Cougil, delegado de Liturxia de Ourense;
-
José Manuel Penela, secretario-chanceler da Diocese de Lugo;
-
Abraham Sánchez, rector do Seminario Redemptoris Mater de Lugo;
-
José Antonio Ferreiro, delegado de Liturxia de Lugo; e
-
Nicolás Susena, vicario parroquial da Milagrosa.