O sábado 21 de outubro o Seminario acolle unha xornada de formación do profesorado de relixión baixo o título A Carta Encíclica Laudato Si e a perspectiva teolóxica e didáctica entre a relixión e o cine. O relator da Xornada é Antonio Salas Ximelis, Director de Proxectos de Relixión do Grupo Editorial Anaya e tamén profesor de relixión cunha ampla experiencia educativa.
Nesta actividade afondarase na Carta Encíclica do Papa Francisco, Laudato Si, estudando as súas claves principais e tamén establecerase unha conexión didáctica e educativa entre este documento e o cine, como exemplo de pastoral educativa en liña coas tecnoloxías.
Horario:
-
09,30 Acollida dos asistentes e presentación das xornadas
-
10,00 Relatorio: A Encíclica Laudato Si: claves e aspectos principais.
-
11,30 Descanso e café
-
12,00 Relatorio: A Encíclica Laudato Si: natureza, ecoloxía e coidado do ben común.
-
16,00 Relatorio: O cine como recurso educativo: cine sobre a Laudato Si.
-
18,00 Descanso
-
18,15 Relatorio: Propostas de traballo para levar á aula.
-
19,15 Avaliación
-
20,15 Fin do congreso.