Baixo o lema “A acción de Cáritas como encontro” o 12 de decembro ten lugar unha xornada de formación para os voluntarios de Cáritas Diocesana de Lugo. As intervencións son as seguintes:
- Oración dirixida por Antón Negro Expósito, Delegado Episcopal de Cáritas Diocesana de Lugo.
- Presentación da Xornada por Ginés Plaza Fernández, Director de Cáritas Diocesana de Lugo.
- O Camiño do Voluntariado en Cáritas por Ramiro Martínez Carballosa. Presidente Cáritas Interparroquial Navia-Cervantes.
- A Acción de Cáritas como Encontro por Francisco Prat, do Equipo de Desenvolvemento Institucional de Cáritas España.
- Clausura a cargo da Secretaria Xeral de Cáritas Diocesana de Lugo, Mónica Yáñez Devesa.