O luns 9 de abril no Seminario Diocesano de Lugo hai unha xornada de estudo sobre a Eucaristía que organiza o Centro Eucarístico Lucense. O relator é José Antonio Castro Lodeiro (Instituto Teolóxico Compostelán) que comezou comentando algunhas referencias da Eucaristía no Antigo Testamento:
- O éxodo e a Pascua
- O sacrificio expiatorio
- O maná do ceo
- O banquete escatolóxico
A parte final da intervención de José Antonio Castro Lodeiro adícase á alianza sinaítica e á nova Alianza en perspectiva eucarística, con especial atención ao libro de Xeremías.
Pode escoitarse o audio da primeira parte e da segunda parte.