O día 23 de setembro terá lugar no local da avda. das Américas, 93-97 unha xornada de autoemprego co título Por que non?. Trátase dunha actividade incluída no proxecto “Emprégate II”, no marco do Programa de Emprego de Cáritas Diocesana de Lugo.
A xornada será como segue:
10:00-10:15 Acollida e presentación da xornada.
10:15-11:15 Mesa redonda “O emprendemento na actualidade”.
Participan: Dña. Beatriz Varela Regueira, Presidenta da Asociación Mulleres Empresarias de Lugo. Inés Maseda Francos, xerente da Asociación de Novos Empresarios de Lugo. Norman Veiga Álvarez, Subdirector do CEI-NODUS.
11:15-11:30 Descanso
11:30-13:15 Mesa redonda “Historias Reais”.
Participan: Pilar Fernández Neira, (empresa A Cociña de Pilar), Mª José González Antolín, (Empresa A mercería de Chus) e Mª del Carmen Encarnación Sosa, participante de “Emprégate II”.
13:15-13:30 Despedida Proxección Empresa Arranxos “Proxecto Emprégate I”