“Os anciáns, tesouro da Igrexa e a sociedade” é o lema da Xornada da Sagrada Familia 2020 que se celebra o domingo 27 de decembro. A Subcomisión Episcopal para a Familia e a Defensa da Vida editou os materiais para preparar esta Xornada.
Os bispos da Subcomisión asinan un nota na que destacan que na tradición da Iglesia hai unha bagaxe de sabedoría que sempre foi a base dunha cultura de proximidade aos anciáns, unha disposición ao acompañamento afectuoso e solidario na parte final da vida.
Coa mirada posta na pandemia do coronavirus, os bispos lembran ás numerosas vítimas, entre elas, “ocupan un lugar privilexiado os nosos maiores”. De maneira especial, sinalan, “ esmeremos os nosos coidados polos anciáns que aínda están enfermos”.
O día 27 de decembro ás 13 h celébrase o Día da Sagrada Familia na Catedral de Lugo cunha Eucaristía presidida polo Bispo Mons. Alfonso Carrasco Rouco. Haberá unha petición especial polos matrimonios que fagan o seu aniversario de voda.