O domingo 24 de setembro celebrarase en Portomarín a XII Festa da Familia Adoradora da Diocese de Lugo. Todos os adoradores das seccións de Lugo, Chantada, Sarria, Lalín, Portomarín e O Corpiño están convocados para acudir a esta entrañable festa de confraternidade adoradora. A xornada servirá tamén de estímulo para seguir traballando, cada vez con máis ilusión, na “viña do Señor”.
O programa é o seguinte:
-
Ás 11.00 horas: Recepción de adoradores na “Casa do Pobo” de Portomarín. (Fronte ao Templo Parroquial)
-
Ás 11,30 horas: Saúdo do presidente da Sección de Portomarín e charla do Sr. Alcalde desta localidade, sobre a historia e devir deste laborioso pobo.
-
Ás 12,15 horas: Procesión de Bandeiras ata a igrexa parroquial onde, ás 12.30 celebrarase a Santa Misa. Concluída esta, actuará na praza o grupo de gaitas “Río Miño” que animará a festa.
-
Ás 14.30 horas: Comida de confraternidade
-
Ás 18,00 horas: Rezo do Santo Rosario e “Ofrenda Floral” ante a imaxe de Nosa Sra. das Vitorias, na igrexa parroquial, dando fin aos actos cunhas palabras do presidente diocesano.