A Adoración Nocturna organiza unha festa adoradora o 27 de setembro en Sarria que terá o seguinte programa:
-
Ás 11,00 h: Recepción de adoradores/as e acompañantes na Casa da Cultura, Rúa Marqués de Ugena, s/n.
-
Ás 11,30 h: Saúdo do Presidente Diocesano e conferencia sobre “Vida e obra do Venerable Luis de Trelles” a cargo de D. Manuel Urbano Barrio, O.F.S. arquitecto e adorador nocturno.
-
Ás 12,30 h: Procesión de bandeiras desde a citada Casa da Cultura ata a Parroquia de Santa Mariña.
-
Ás 13,00 h: Celebración da Eucaristía na citada parroquia.
-
Ás 14,30 h: Comida de confraternidade no restaurante Litmar, Rúa Ameneirizas, 1
-
Ás 17,00 h: Saída cara ao Santuario de “Santa María de Corbelle” onde se celebrará un acto mariano co rezo do Santo Rosario, “Ofrenda Floral” e dedicación do mesmo á Santísima Virxe, finalizando os actos cun canto mariano.
A asistencia de 170 adoradores/as das seccións de Chantada, Lalín, Lugo, Portomarín, Samos e Sarria contribuirá á brillantez dos actos e fins apostólicos destas reunións anuais. Tamén asisten familiares e amigos.