O vindeiro venres día 1 de decembro ás 20h, a Asociación Xuvenil Ateibo organiza unha vixilia de oración, enmarcada dentro do Proxecto Suriya, para ter presentes ás persoas que están a sufrir os efectos da guerra en Siria.
O proxecto Suriya está impulsado pola “Confederación de Centros Juveniles Don Bosco de España” e o “Movimiento Juvenil Salesiano” e supón un compromiso dos centros xuvenís salesianos de toda España, federados e non federados cos centros xuvenís salesianos de Siria (en Damasco e Alepo).
Desde os centros xuvenís salesianos de España apóiase, en irmandade, aos centros xuvenís que os salesianos e salesianas teñen en Siria. Non se trata dunha iniciativa puntual senón dun proxecto a curto, medio e longo prazo, con diferentes actividades, unha das cales é esta vixilia. Pódese atopar máis información en: www.facebook.com/Proyecto-Suriya; @ProyectoSuriya
Esta vixilia realízase de maneira simultánea en diferentes presenzas e obras salesianas (Centros Xuvenís, Grupos de Fe, o IEF, comunidades cristiás, casas, etc.), en irmandade tamén coa Familia Salesiana en Siria, durante a tarde/noite do próximo día 2 de decembro (en Lugo 1 de decembro ás 20:00 h).