Todo foi segundo o previsto. Non houbo novidades e iso é o principal. Pasamos bastante calor, pero menos do habitual. Está claro que aquilo é outra cousa. Cada un dos 53 que fomos seguro que destacaría unha cousa de todo o que vimos e vivimos.
Persoalmente, quédome coa sensación que un percibe ao entrar na capela das Irmás da Cruz e facer un intre de oración con elas ante as tumbas das súas grandes santas, Ángela de la Cruz e María de la Purísima. Algúns tamén puidemos ver a capela da casa de Huelva.
Pero quizais o máis importante deste tipo de viaxes é a irmandade que se crea entre os membros do grupo. Esta mesma experiencia xa a tiven noutras ocasións. Cinco días de convivencia nun lugar distinto ao habitual fai que se fortalezan os lazos dunha amizade fraterna, que non sempre podemos coidar na vida cotiá.
Tamén foi todo un descubrimento, e nunca mellor dito, Huelva e La Rábida, co mosteiro e os seus xardíns.
É de agradecer a boa disposición e colaboración de todos para que tivesemos uns días de relax, pero tamén de convivencia e de aproveitamento espiritual malia os imprevistos e cambios de última hora.
O balance final é moi bo. Isto anima a repetir a experiencia para o próximo ano e comezar a pensar desde hoxe nun novo destino.
Miguel Ángel Álvarez
Pola súa parte, a Parroquia lucense de Santiago A Nova organizou unha viaxe por Andalucía (imaxe inferior).