Entre o venres 14 e o luns 17 de setembro ten lugar a viaxe-peregrinación diocesana de Lugo a Fátima. Participan 151 persoas de diversos puntos da Diocese lucense, acompañados de 2 sacerdotes e viaxarán en tres autobuses. Os participantes son: enfermos, persoal sanitario, hospitalarios e peregrinos, todos eles socios da Hospitalidade diocesana de Lourdes, organizadora da actividade. O programa é o seguinte:
VENRES DÍA 14:
16:30 h: Visita á nova Basílica Subterránea e Celebración Comunitaria da Penitencia, na mesma (Capela da Resurreição).
19:15 h: Misa na Capela da Resurreição de Xesús (Basílica da Santísima Trinidad), presidida por Lugo.
21:30 h: Rosario e Procesión dos Fachos.
SÁBADO DÍA 15:
-
8 h: Tras almorzar, saída para Lisboa. Acompañados por guías nativas credenciadas visítase a capital lusa; comida de campo; visita de Estoril. Santa Misa no Santuario de San Antonio de Padua (de Lisboa)
-
21:30 horas: Rosario e Procesión dos Fachos, con actuación de Lugo.
DOMINGO DÍA 16:
-
8 h: Via Crucis polo Caminho dos Pastorinhos.
-
10 h: Rosario na Capelinha.
-
11 h: Participación na Misa Internacional e procesión do “Adeus”.
-
Tarde libre. Posibilidade de ir a Nazaré, Leiría.
LUNS DÍA 17:
Saída para Coimbra: visita da cidade en coche e de todo o conxunto de Bom Jesús. Pola tarde, visita ao gran Santuario de Sameiro, onde se celebrá a Misa de Despedida e acción de grazas.