O domingo, dia 30 do presente mes de setembro, terá lugar en Chantada a VI Festa da familia adoradora da nosa Diocese, co seguinte programa:
-
9:30 h Saída desde a praza da Mosquera, facendo paradas diante do edificio da Xunta e na praza Fonte dos Ranchos.
-
11.00 h Recepción de adoradores e bandeiras na igrexa antiga.
-
11.15 h Rezo de Laudes (Igrexa antiga)
-
11.45 h Procesión de Bandeiras cara ao templo parroquial novo.
-
12.00 h Santa Misa, na que se imporán distintivos de adorador Activo e Veterano a varios compoñentes da Sección de Chantada.
-
13.00 h Concerto ofrecido pola Coral Polifónica da localidade.
-
14.00 h Comida de confraternidade nun restaurante da localidade.
-
17.00 h Saída cara á parroquia de San Pedro de Líncora, coun templo situado na Ribeira Sacra, no que se venera á Santisima Virxe da Saúde. Aí rezarase o Santo Rosario e farase unha Ofrenda Floral á Nosa Señora, dando fin aos actos desta xornada.
O Consello Diocesano anima a participar nesta festa de irmandade a todos os adoradores/as de Lugo e das Seccións da Diocese. Unidos pola fe, os asistentes cultivarán a amizade e darán un novo impulso á Adoración Nocturna.
Como de costume, pódese convidar a familiares e amigos.