Despois da boa experiencia da anterior “Unha luz na noite” (20 de decembro) na que colaboraban as outras dioceses de Galicia, o sábado 7 de marzo serán 42 os mozos de Lugo participantes na 2ª edición. Trátase de propoñer a outros mozos a que entren na igrexa de San Pedro (Lugo) para ter un momento de oración a partir das 24h.