- Josefina Palmeiro é unha das 49 aliadas presentes na Diocese de Lugo. Non en todos os sitios hai tantas aliadas como en Lugo. Na mesa redonda con que se iniciaban as Xornadas Abertas de Teoloxía explicou o que eran os Institutos seculares (máis información) e concretou na Alianza en Xesús por María, cuxo carisma é vivir a virxinidade consagrada no medio do mundo, chegar ao amor por camiños de pureza.
- En palabras de Josefina Palmeiro, “a vida das aliadas é dispersa, cada unha está coa súa familia, vive a súa profesión, está onde a vida a pon. Aínda que vivimos dispersas temos unha casa onde nos reunimos xeralmente os domingos.
- “A miña vocación naceu principalmente por coñecer a outra aliada, Eu preguntábame: “Que é esta muller para vivir como vive, para facer o que fai, pensar como pensa?” Dixéronme que era aliada e aquilo cautivoume. Vivín a miña vocación felicísima e se volvese a nacer volvería a ser aliada”