O mercado solidario que mantén aberto Mans Unidas na rúa San Pedro (Lugo) estará aberto ata o martes 24. O diñeiro recadado destínase aos dous proxectos que a Delegación de Mans Unidas Lugo financia este ano en Honduras e Zambia.
O grupo de persoas maiores da Parroquia de Santiago A Nova (Lugo) abriu o 7 de maio o Mercado solidario de manualidades e produtos ecolóxicos, que permanece aberto tamén esta semana. A recadación irá destinada aos pobres. O grupo de maiores da Nova aproveita esta ocasión para facer chegar a súa gratitude a cantas persoas veñen apoiando este fin solidario. A exposición e venda está situada na sancristía da parroquia, a carón de Correos na rúa San Pedro, de Lugo.