Organizado pola Confraría do Desencravo do Señor e das Maiores Dores da Santísima Virxe, iníciase o día 13 de setembro e ten a súa continuación os días 14 e 15. Este triduo en honra da Virxe das Dores ten lugar na igrexa dos PP. Franciscanos de Lugo co seguinte horario: ás 19h Santo Rosario e ás 19:30h. Eucaristía. O último día, o venres día 15, a Misa será cantada polo Orfeón Xoán Montes, de Lugo, e ao finalizar a mesma, haberá un bicamáns á Virxe das Dores, para todas aquelas persoas que queiran achegarse.
Nesta celebración, a Virxe volverá lucir o seu valiosísimo e espectacular Manto Procesional, confeccionado en 1965 en Valencia con veludo negro bordado en ouro e adornado con pedrería e perlas, e considerado polos entendidos como o máis valioso dos que existen na Semana de Paixón galega.
Gústame esto:
Gústame Cargando...
Relacionado
Os días 13, 14 e 15 de setembro, a Confraría do Desencravo celebra un triduo á Virxe das Dores na igrexa dos PP. Franciscanos de Lugo. Ás 19,00 horas haberá o rezo do Santo Rosario e ás 19,30 horas, Santa Misa. Predica o capelán da confraría, o Padre Frei Amado…
12/09/2013
En "Diocese"
Os días 13, 14 e 15 de setembro a Confraría do Desencravo do Señor e das Maiores Dores de María (Lugo), celebrará un Triduo en honra da Virxe das Dores na igrexa dos PP. Franciscanos de Lugo co seguinte horario: Ás 19,00 horas: Santo Rosario Ás 19,30 horas: Santa Misa…
13/09/2019
En "Diocese"
Os próximos días 13, 14 e 15 de setembro e coincidindo coa súa festividade, a Confraría Franciscana do Desencravo do Señor e das Maiores Dores de María, celebrará un triduo en honra da Virxe das Dores. Será na igrexa dos PP. Franciscanos de Lugo co seguinte horario: Ás 19,00 horas: Santo Rosario…
11/09/2015
En "Diocese"