Os próximos días 13, 14 e 15 de setembro e coincidindo coa súa festividade, a Confraría Franciscana do Desencravo do Señor e das Maiores Dores de María, celebrará un triduo en honra da Virxe das Dores. Será na igrexa dos PP. Franciscanos de Lugo co seguinte horario:
Ás 19,00 horas: Santo Rosario
Ás 19,30 horas: Santa Misa
O último día, o martes día 15, a Misa será cantada polo Orfeón Xoán Montes, de Lugo, e ao finalizar a mesma, haberá un bicamans á Virxe das Dores, para todas aquelas persoas que queiran achegarse.
Nesta celebración, a imaxe da Virxe lucirá o seu valiosísimo e espectacular manto procesional, considerado polos entendidos como o máis valioso dos que existen na Semana de Paixón galega.