O pasado xoves, 11 de decembro, presentouse na Coruña o primeiro informe sobre Exclusión e Realidade Social en Galicia, que é unha ampliación do sétimo informe feito para España. Neste informe trabállase en 35 indicadores de exclusión social. O estudo fíxose en base a 1.958 persoas de 33 concellos entre o 22 de abril e o 12 de agosto de 2013. A marxe de erro é do ±2,2%. Galicia ten 2.753.960 habitantes e 1.028.316 fogares cunha media de 2,7 persoas por fogar. O 27,5% dos fogares están en concellos de máis de 50.000 habitantes (56,7% en España), e 0 58,2% nos rurais entre 5.000 e 20.000 habitantes (15,8% en España).
O recoñecemento científico dos informes Foessa (1967, 1970, 1975, 1980/83, 1994 e 2008) é continuado. Sempre foron máis reivindicados pola oposición que polos gobemos dende o primeiro, cousa normal por outra parte. A fundación Foessa (Fomento de Estudios Sociais e Socioloxía Aplicada) constituíuse en 1965, baixo o impulso de Cáritas Española para coñecer a situación social de España obxectivamente. Estes informes son unha fonte básica para coñecer a realidade social, e máis se un quere transformala en orde a que sexa máis xusta. Para as autoridades públicas debe ser unha obriga de conciencia coñecelos. Hoxe non se pode alegar falta de estudos científicos sobre a exclusión nin que non haxa propostas para superala.
Do estudo presentado destacamos:
– A poboación envellece, xa que o 23,1% ten máis de 65 anos e o 20,3% menos de 25, cando en España son 17,7% e 24,9% respectivamente. En todos os datos ha¡ o contraste cos de España.
– A desigualdade entre 2008 e 2012 incrementouse nun 14,4%.
– No referido á integración/ exclusión dos fogares temos un 49% plenamente integrados, un 34% en integración precaria e un 16,9% en exclusión social, sendo un 11,6% moderada e un 5,3% severa, o que dá 500.000 persoas (170.000 fogares) na exclusión moderada e 130.000 na severa (55.000 fogares).
-A UE establece que un fogar é pobre cando está por debaixo do 60% da renda mediana, o que dá o 21,7% dos fogares de Galicia. Trátase de pobreza severa cando a renda é menos do 30% da mediana. Isto para España é estar por debaixo dos 4.057, 1 euros ao año (338 euros ao mes) para os fogares unifamiliares e 8.519.91 euros (709 euros ao mes) para os compostos por dous adultos e dous menores de 14 e en Galicia menos pois a renda é inferior.
-As vivendas que teñen condicións de insalubridade son o 8% dos fogares. Por outra parte, 0 8,6% deixan de mercar menci-ñas ou de seguir tratamentos por problemas económicos.
-Integrar persoas con trastorno o de saúde mental ou con depresión nos últimos 5 anos aféctalles ao 6% dos fogares.
– No que se refire a redes solidarias de apoio persoal e familiar; téñena 7 de cada 10 fogares, o que deixa un 31,4% sen redes de axuda (860.000 persoas).
Para máis información poden consultar o informe na páxina web da Cáritas Diocesana de Lugo. Esperamos que coñecer estes datos nos motive a todos a traballar máis e mellor pola xustiza.
Antón Negro
Delegado Episcopal de Cáritas