O maior nivel de intelixencia non depende só de posuír un maior número de neuronas senón do incremento das conexións sinápticas. De igual modo, a maior intelixencia apostólica depende, sobre todo, da capacidade dos cristiáns para traballar en rede. No ámbito da pastoral familiar faise presente a necesidade do networking, do traballo en rede, e non só por economía de forzas, senón porque os católicos somos xeneticamente comunitarios. Para atender ás familias e aos matrimonios, potenciando as súas riquezas e acompañando as súas fraxilidades, necesitamos unir forzas. Por iso, a pastoral familiar á que nos invitan a Familiaris consortio e a Amoris laetitia esixen a colaboración interdiocesana, a sinerxia entre dioceses, movementos e asociacións laicais. A comuñón: criterio de eclesialidade e conditio sine qua non para a pastoral familiar.
Xosé Manuel Domínguez Prieto
Doutor en Filosofía, director do Instituto de Familia de Ourense
(Artigo publicado orixinariamente en Alfa y Omega, n. 984)