O día 24 en Silleda tivo lugar a terceira sesión do Curso de formación en matrimonio e familia. A relatora principal foi Begoña Ruiz Pereda. Licenciada en Ciencias Relixiosas, Begoña Ruiz pertence á Fraternidad Seglar en el Corazón de Cristo e na Fundación Desarrollo y Persona é responsable de Formación do proxecto educativo Aprendamos a amar. Begoña Ruiz ten interese en que a búsqueda de parella se faga con menos ansiedade e con máis liberdade.
No transcurso da súa intervención, referiuse a Adán e Eva e das leccións que se poden obter da súa vida:
“Ao descubrir a súa vocación ao amor, Adán ten a posibilidade de coñecer a Deus dunha maneira como antes non o coñecía. O home coñecía a Deus como creador (deu a vida), como lexislador (deulle a norma) pero non tiña unha intimidade forte no trato con Deus. Pero agora ao descubrir que o corpo sexuado chama á unidade da carne co outro e esta unidade non é simplemente algo físico senón que é espiritual, descúbrese como un don para o outro e viceversa. Descúbrese que Deus é a fonte de todo don, de todo amor. Cando viven a súa vocación ao amor Adán e Eva, descobren que detrás da súa vida, detrás da súa vocación hai unha bendición de Deus. Por iso Deus fainos fecundos”.