Taller Envolvendo os teus agasallos con graza con Isabel Cendán (de Xanela Elegante. com) o 6 de abril, de 10 a 14 horas na rúa Ramón Montenegro de Lugo, onde está o local do Taller de Solidariedade, que oraganiza a actividade. O proxecto pretende financiar co pagado por inscribirse un taller de corte e confección para 8 mulleres do Congo e unha Serva de San Xosé, onde poidan gañarse a vida. No mesmo confeccionaranse uniformes escolares, roupas para mulleres, homes e nenos, ornamentos sacros e outros artigos. Os recursos do taller virán da venda destes artigos. Traballarase en igualdade de condicións; o froito do traballo compartirase entre todas a partes iguais, e a xestión tamén se realizará entre todas. A idea é constituír unha pequena cooperativa de produción. Unha vez á semana ofrécese formación humana e profesional en francés, valores humanos, informática e perfeccionamento en corte, costura e bordado. Traballarase 8 horas diarias e cinco días á semana. O taller funcionará nunha sala de traballo da comunidade de Servas de San Xosé.