O obxectivo deste Taller de informática básica para a procura de emprego que organiza Cáritas Lugo é dotar aos participantes de coñecementos básicos do uso do ordenador e como utilizar Internet na procura de emprego.
O curso está divido en 4 bloques de contidos:
1. Técnicas de procura de emprego.
2. WINDOWS. Word e Internet.
3. Igualdade de oportunidades.
4. Fomento do coidado e do respecto do medioambiente.
O taller durará 30 horas, comezando o 23 de abril de 2018 e concluíndo o 7 de maio no Centro de Servizos de Cáritas Diocesana de Lugo da avenida das Américas, 93-97 polas mañás, de 10h. a 13h
O taller está destinado a persoas en situación de desemprego, mulleres en situación de vulnerabilidade, ou exclusión, inmigrantes, xente nova proveniente do fracaso escolar. Deberán estar previamente dadas de alta no Programa de Emprego de Cáritas Diocesana de Lugo, (Rúa da Cruz, 1).