Acollida a peregrinos en Portomarín

acollida a peregrinos en Portomarín grupo de Madrid

O domingo 19 a mediodía conclúe unha actividade que varias delegacións de xuventude organizan desde o domingo anterior en Portomarín. Trátase de que xoves de Lugo e A Coruña, tras rezar laudes, e preparar os distintos servizos (Acollida salvaxe, Acollida entrada, Intercesión, Cociña e limpeza) reciben aos peregrinos que van chegando e invitándoos aos actos que programa a Igrexa:

– bendición no templo ás 13.30 h

– Encontro Musical vespertino

– sacramento da reconciliación

– Misa ás 20h.

Conmemoración dos 25 anos da Xornada Mundial da Xuventude de Santiago

Acto académico conmemoración 25 anos XMX

Os días 5 e 6 de Agosto organízanse en Compostela actos conmemorativos dos 25 anos pasados desde que se celebrou en Santiago a Xornada Mundial da Xuventude (XMX).

5 de Agosto:

19:30 – A XMX Santiago 1989: Acto académico (foto esquerda) con intervención dunha coral e de:

  • Salvador Domato, coordinador XMX 1989

  • Prof. Aldo Geranzani, diocese de Milán

  • Mons. Julian Barrio, Arcebispo de Santiago

  • Don Victor Cortizo, coordinador do voluntariado

  • Sr. Cardeal Rouco Varela, Arcebispo de Madrid e naquel momento de Santiago

6 de Agosto:

10:00 – Monte do Gozo: oración e peregrinación cara á Catedral (foto dereita)

13:30 – Misa do Peregrino, Catedral

21:30 – Vixilia de Oración en San Martiño Pinario

Xornada interdiocesana de Pastoral Xuvenil

Xornada interdiocesana xuvenil

A Diocese de Mondoñedo – Ferrol toma o relevo a Lugo na organización este ano da Xornada Interdiocesana de pastoral Xuvenil. Será o 30 de novembro baixo o lema “Saír ás periferias existenciais dos mozos”.

Durante a xornada, destinada a axentes de pastoral, catequistas, sacerdotes, consagrados, e todos os que participan desta pastoral, haberá talleres relacionados con experiencias de anuncio e evanxelización: acollida cristiá no Camiño de Santiago, iniciativas de primeiro anuncio en parroquias urbanas, as experiencias de Ceas Alpha e un achegamento á natureza e manifestacións da nova era e novas espiritualidades presentes na sociedade. Esta última cuestión presentada por Lugo. 

Así mesmo proxectarase a película Un Deus prohibido, á que seguirá un taller sobre o cinema e a Nova Evanxelización coa presenza dos produtores da película.

A %d blogueros les gusta esto: