Os Cafés Teolóxicos iniciáronse en outubro pensados tanto para os rapaces máis achegados á Delegación Diocesana de Xuventude, como aos seus amigos, que tamén son invitados a asistir.
O vindeiro Café Teolóxico é o 23 de febreiro ás 20:30h na Delegación (r/ Bispo Ona de Echave) e ten como título: “Homosexualidade, que di a Igrexa?”
Tras unha charla duns minutos, en mesas con 4-5 persoas debaten sobre o tema. A continación facilítanse papel e bolígrafo para que de xeito anónimo escriban preguntas, dúbidas… e logo son respondidas.
Igrexa en diálogo é un proxecto do Departamento de Pastoral de Mocidade da Conferencia Episcopal para promover o diálogo cos mozos, como propón o próximo Sínodo.
En Lugo, o primeiro encontro realízase o 17 de febreiro ás 5 da tarde no Colexio María Auxiliadora (Lugo). Nesta primeira sesión tratarase a seguinte cuestión: Escóitase hoxe aos mozos?
O sábado 21 de outubro no Colexio María Auxiliadora de Lugo será a Xornada Interdiocesana de Animadores de Pastoral Xuvenil de Galicia, ocasión para achegarse á realidade do Sínodo dos Bispos: “Os mozos a fe, e o discernimento vocacional”. O Rvdo. João Chagas, responsable do departamento de Mocidade no Vaticano informará da realidade mundial da pastoral xuvenil. Tamén haberá varios talleres que intentarán responder a varias preguntas: como chegar aos mozos que non veñen? Como mellorar a proposta pastoral cos que temos? Que ofrecerlles unha vez que termina a iniciación cristiá?
Finalizarase cun concerto, magazine, entrevistas….
Horario:
10:00 – Acollida
10:30 – Oración
11:00 – Relatorio do Rvdo. João Chagas
12:30 – Talleres
14:00 – Comida
15:30 – Magazine
18:00 – Celebración eucarística na Catedral
20:00 – Concerto – oración de Rosa Cruz na igrexa de San Pedro
Organizado polo Departamento de Pastoral de Mocidade da Conferencia Episcopal Española, celebrarase os días 28, 29, 30 de setembro e 1 de outubro. Están convocados os Delegados Diocesanos de Pastoral Xuvenil, responsables de Pastoral Xuvenil de Movementos de ámbito nacional, ou responsables de Pastoral Xuvenil de Congregacións ou Institutos seculares.
A Pastoral Xuvenil está nun momento moi importante e crucial. Tralas experiencias vividas en anos pasados, o Departamento de Pastoral Xuvenil iniciou un camiño centrado na comuñón e coordinación de todos aqueles que traballan na pastoral xuvenil.
Momentos como o Encontro Europeo de Mozos 2015 en Ávila, a Xornada Mundial da Mocidade 2016 en Cracovia, xunto con todo o traballo de reflexión e propostas, son exemplo diso. Un fito que mostra este traballo e o camiño que se quere seguir foi o II Encontro de Equipos de Pastoral Xuvenil, celebrado o pasado mes de abril en Granada.
Agora é o momento de facer balance e ver por onde se está camiñando e reforzar os alicerces fundamentais da Pastoral Xuvenil, todo á luz do próximo Sínodo, convocado polo Papa Francisco, que tratará sobre “Mozos, fe e discernimento vocacional“ .
Será un encontro de traballo que partirá do relatorio: “O Sínodo dos mozos ilumina a nosa pastoral xuvenil“. O entramado do relatorio será poñer en valor os grandes núcleos do documento preparatorio do Sínodo, conectándoos con Evagelli Gaudium, e deixando ver como ilumina o camiño feito na pastoral xuvenil española nos últimos anos.
Tralo relatorio, formaranse cinco grupos de traballo-reflexión cos que se poñerán en marcha unha dinámica de traballo onde se compartirán reflexións sobre cinco temas de interese na pastoral. Os cinco temas son: primeiro anuncio, acompañamento, discernimento, creatividade e axentes de pastoral.
Os dous primeiros temas recollen o camiño que coordina o Departamento de Pastoral de Mocidade nestes últimos anos. O discernimento é un dos temas claves do próximo Sínodo. A creatividade e os axentes de pastoral son dúas das preocupacións que actualmente están presentes na Pastoral Xuvenil.
Todo o encontro terá os seus momentos de oración e celebración eucarística, destacando a mañá de retiro que todo os Delegados e Responsables de Pastoral Xuvenil terán o venres 29 en Portomarín para comezar o traballo pedindo a luz do Espírito.
Acompañarán a todos os participantes, os bispos responsables do Departamento de Pastoral Xuvenil da CEE: D. Carlos Escribano, bispo de Calahorra e A Calzada-Logroño; D. Antonio Gómez, bispo de Teruel e Albarracín; e D. Arturo Ros, bispo auxiliar de Valencia. Contarase tamén coa visita do bispo de Lugo D. Alfonso Carrasco.
Trátase de que os mozos que van á Delegación de Xuventude inviten a outros, crentes ou non, porque o tema (a existencia de Deus, neste caso) trátase desde o punto de vista da razón. E tamén se informará nas facultades, onde se fará a pregunta que se verá no café teolóxico e invitará a asistir. É unha búsqueda dos que están nas periferias.
O acto do venres 28 desenvólvese a partir das 21h no local da Delegación (r/ Ona de Echave, Lugo) nun clima distendido: invítase a un café ou a un refresco, unha persoa fai unha exposición sobre o tema correspondente. Despois, os rapaces, en mesas de catro debaten sobre o que lles pareceu a intervención. Se hai algunha pregunta ou dúbida, anótase.
Os seguintes cafés teolóxicos teñen os seguintes títulos: “Teño alma?”, “Cando morra, onde vou?”, “Existe o mal?”, cuestións presentes en tantas persoas, pero que non sempre cunha resposta clara.