O vindeiro mércores 19 de febreiro a Rede de Técnicos de Inserción Laboral de Lugo (da que forma parte Cáritas), celebra o Día Mundial pola Xustiza Social cun acto reivindicativo no Vello Cárcere de Lugo.
Haberá unha charla coloquio contando con representantes do ámbito educativo, da administración e do terceiro sector.
Será un acto aberto á participación do público, no que se compartirán puntos de vista, opinións e ideas sobre como avanzar cara á Xustiza Social e o emprego digno. O programa é o seguinte:
- Ás 18:30 h Apertura do acto a cargo de Montse Valcárcel, vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo e Mauricio Repetto, Concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello de Lugo.
- Ás 18:45 h Relatorio do director técnico da Rede Galega Contra a Pobreza, Xosé Cuns. O título é “Defender a Xustiza Social, combatindo mentiras e prexuízos, xunto ás persoas en pobreza e exclusión“
- Ás 20:15 h Lectura do manifesto “Xustiza Social e Emprego“ Rede de Técnicos de Inserción Laboral