Reunión da Xunta de Confrarías de Semana Santa de Lugo

Reunión Bispo - Xunta Confrarías Semana Santa Lugo

O mércores 10 de febreiro no Palacio Episcopal e presidida polo Sr. Bispo da Diocese, D. Alfonso Carrasco, reuniuse a Xunta de Confrarías de Semana Santa de Lugo.

Entre outros asuntos tratáronse os seguintes:

Pregoeiro: o Vicario Xeral da Diocese e Deán da Catedral, Mario Vázquez Carballo. O pregón será no Círculo das Artes o venres 11 de marzo ás 20 horas

Cartel: A cargo do fotógrafo artístico Eduardo Ochoa, que colabora estreitamente coa Xunta de Confrarías desde fai moitos anos. O cartel será presentado co programa en próximas datas, cando se confirmen todos os actos.

Concertos: Celebración de dous concertos de Semana Santa, o primeiro, a cargo da Banda Filharmónica de Lugo, e o II Concerto Coral de Música Sacra.

– Ciclo de conferencias Occidente ante o Século XXI: os días 22, 23 e 24 de febreiro no salón de actos da Deputación Provincial a partir das 20 horas.

Este ano o Vía Crucis levará o nome de VIA CRUCIS DA MISERICORDIA.

 

Presentación dos actos da Semana Santa da cidade de Lugo

Copia de Presentación Semana Santa 2O día 17 de marzo, o Pazo Episcopal acolleu  unha roda de prensa para presentar os actos da Semana Santa lucense de 2015.

O coordinador xeral da Xunta de Confrarías de Semana Santa de Lugo, Ramón Basanta, destacou o privilexio de que o Xoves Santo e o Domingo de Resurrección, a cidade de Lugo organice as procesións deses días co privilexio de procesionar coa Sagrada Forma. Unhas novidades que presentan as celebracións deste ano son unha exposición de esculturas de Ramón Rubal na claustro da Catedral, baixo o título “A redención do home” e un concerto de música sacra no altar do Bo Xesús da Catedral o sábado 28 de marzo.

 Este ano o pregón, a cargo da periodista Sonsoles Ónega, será na igrexa Santiago A Nova o sábado 21 ás 20:30h.

A vicepresidenta 2ª da Deputación Provincial de Lugo, Lara Méndez salientou a cantidade de persoas (3000) que colaboran durante os 12 meses anteriores na organización da Semana Santa de Lugo.

Para a concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Carmen Basadre, a Semana Santa é un momento de expresión das conviccións relixiosas de moitas persoas. Tamén sinalou que o traballo das confrarías vese recompensado co disfrute, por parte das xentes, das procesións, da arte sacra…

O Vicario Xeral da Diocese, Mario Vázquez, considerou unha sorte poder dar boas noticias. Para Mario Vázquez, a Semana Santa é a expresión máis fonda de relixiosidade popular e tamén expresa a sociabilidade da xente. Destacou unha tradición que está recuperándose, como é a de realizar o sacramento do bautismo o Sábado Santo.

O P. Sayés inicia o ciclo de conferencias “Occidente ante o século XXI”

A primeira conferencia é do Padre Sayés, co título conferencia “Por que creo (No Ano da fe)”, o martes 26 ás 20 h. no Salón de Actos da Deputación de Lugo. O padre Sayés é profesor de teoloxía fundamental na Facultade de Burgos.

Francisco Vázquez e Frei Francisco Castro son os outros conferenciantes deste ano 2013 que intervirán os días 5 e 13 de marzo, respectivamente. 

A %d blogueros les gusta esto: