Vixilia de oración polas vocacións no Seminario

O día 12 ás 21:00h hai no Seminario unha Vixilia de oración polas vocacións.

Para potenciar a oración polas vocacións na Diocese, a Delegación de Pastoral Vocacional leva a cabo varios actos. Un deles foi a Cadea Diocesana de Oración polas Vocacións desde as 8 da mañá do pasado 10 de maio até a última hora da tarde do domingo 11. E agora esta Vixilia, que é a última das que se viñeron facendo trimestralmente durante este curso 2013 / 2014. 

Cadea de oración polas vocacións

Xornada Vocacións

En Lugo organízase unha cadea de oración que ten unha dimensión parroquial en canto que nas misas dominicais estará presente a intención.

Desde as 8 da mañá do sábado día 10 ata a última hora da tarde do domingo 11 hai sempre nalgún lugar da Diocese un grupo que adica un tempo a rezar polas vocacións. 

Péchase a cadea no Seminario ás 20 h do domingo cunha adoración eucarística á que están convidados os lucenses.

Encontro Vocacional para monagos e mozos

O sábado 25 de maio o Seminario Diocesano de Lugo acolle un Encontro Vocacional para monagos e mozos de 11:30 a 17 h.

Trátase dun encontro que pode axudar a propoñer, acompañar e animar no camiño da vocación sacerdotal aos mozos, especialmente os monagos.

Chámase Encontro Vocacional en vez de o Día do monago porque non se quere perder de vista este horizonte específico que é o Seminario. É un encontro preferentemente para monagos e mozos que poidan ser candidatos ao Seminario ou que manifestaron unha inquietude vocacional sacerdotal.

O horario é o seguinte:

  • 11:00 -Acollida de participantes

  • 11:30 – Comezo do Encontro – Benvida e oración

  • 12:00 – Dinámicas, visita ao Centro…

  • 14:00 – Comida para todos (sacerdotes, participantes e acompañantes)

  • 14:30 – Xogos

  • 16:00 – Despedida

Mesa redonda sobre as vocacións e vixilia de oración no Seminario

vocaciones_vigilia

Despois de celebrarse o día 21 a Xornada de Oración polas Vocacións, o domingo 28 é a Xornada das Vocacións nativas. Por iso xurdiu unha iniciativa conxunta das Delegacións de Misións e Pastoral Vocacional para o venres 26 de abril ás 18 h. no Seminario. Ese día haberá unha mesa redonda sobre o lema: As vocacións, signo de esperanza. Un matrimonio, un sacerdote diocesano, un sacerdote africano e unha relixiosa de San Vicente de Paúl compartirán a súa experiencia vocacional e debaterán sobre o futuro das vocacións.

Tras o debate, hai unha vixilia de oración.

Cadea de Oración polas Vocacións

Hai unha Cadea de Oración polas Vocacións, na Diocese desde as 09:00 da mañá do sábado 20 até as 22:00 h. da tarde do domingo 21.

 Esta Cadea de Oración combina momentos comunitarios abertos a todos con horas de oración privada de comunidades relixiosas. Durante máis de 36 horas sempre haberá algunha parroquia ou comunidade na Diocese que estará a rezar polas vocacións a todos os estados da vida cristiá. Porque xa se comprometeron a facelo a unha hora concreta parroquias e comunidades de Bolaño, Lalín, Meira, Melide, Quiroga, Ferreira de Pantón, Navia, O Cebreiro, Monforte, Samos, Chantada, Monterroso, Ferreirúa, Siador – Silleda, Lugo.

 Aínda que unha persoa ou comunidade non teña asignada unha hora concreta para a Cadea de Oración, convídase a unirse á mesma en calquera momento desta fin de semana.

A %d blogueros les gusta esto: