A partir do día 15 de xuño abrirase para a súa visita a igrexa do Salvador de Vilar de Donas. Este templo románico é ben de interese cultural de Galicia, monumento nacional desde 1931. Abrirá para a súa visita co seguinte horario: mércores e xoves de 16:00 a 20:00h; venres, sábado e domingo de 10:00 a 13:00h. e de 16:00 a 20:00 horas. Esta apertura será posible grazas á iniciativa da Diocese e ao traballo e entrega dos misioneiros combonianos responsables da pastoral na zona de Palas de Rei, onde permanecen abertas diariamente as igrexas de:
– – Santiago de Lestedo, de 11:30 a 14:00h. e de 15:30 a 17:30h. de luns a domingo;
– – San Xulián do Camiño de 9:00 a 13:30h. de luns a domingo
– – San Tirso de Palas de Rei de 7:30 a 14:00h. e de 16:00 a 20:00h. todos os días da semana.
A estas igrexas súmase, como queda dito, a do Salvador de Vilar de Donas.