16 de xullo, Nosa Señora do Carme e Día da xente do mar

A xente da mar navega entre as ondadas propias do seu oficio e entre as ondadas das inxustizas: salarios indignos, ausencia de sistemas de comunicación que permitan acurtar as distancias físicas cos seres queridos, traballos que se achegan a algo máis propio da escravitude, enfermos abandonados nos portos ou incumprimento das condicións estipuladas nun contrato.

Teñamos como estrela segura a María a Virxe do Carme, á que tan emocionadamente chamamos e cantamos tantas veces como Estrela dos Mares. Que o noso canto se prolongue no compromiso cristián coa xente da mar”.

Luis Quinteiro Fiuza, Bispo de Tui-Vigo, Bispo Promotor do Apostolado do Mar

[Ver texto completo]

Celebracións en honra de Nosa Señora do Carme

 

Virxe do Carme

Algunhas das celebracións en honra da Virxe do Carme son as seguintes:

O venres 15 comezan en Melide.

  • Ás 19h Misa na igrexa parroquial
  • Ás 20:30 procesión coa imaxe ata O Castelo
  • Ás 21:00 Misa en O Castelo

En San Xoan De Pena Lugo, o sábado 16 Misa ás 12 h

Na parroquia lucense de San Vicente de Pías o sábado 16 e domingo 17, ás 13.30 horas terá lugar a Misa solemne 

No barrio da Estación de Monforte o sábado 16 hai Misa e procesión ás 13 horas

Na Capela do Carme de Lugo o día 16 hai misas cada hora desde as 9 ata as 12, momento en que se celebra Misa solemne e queda exposto o Santísimo ata as 5 da tarde. Ás 7 e media, procesión.

A %d blogueros les gusta esto: