A Igrexa lembra a Virxe do Carme e as xentes do mar

Cada ano, o segundo domingo de xullo, celébrase o Domingo do Mar. As comunidades católicas de todo o mundo rezan por quen traballan no sector marítimo e por quen se ocupan deles. O Domingo do Mar é unha ocasión para chamar a atención sobre un dos sectores dos que se fala pouco, pero que está no centro da vida de todos. Os esforzos dos mariños a miúdo chocan coa inxustiza, a explotación e a desigualdade. Por iso, a Igrexa acompaña e defende á xente de mar. A través do mar a Igrexa formouse e estendeuse por todo o mundo. Partindo e desembarcando en portos afastados, os Apóstolos e os misioneiros levaron a Boa Nova até os confíns da terra. A experiencia de entón pode ser tamén unha inspiración para a Igrexa de hoxe.

En España cada ano a Igrexa celebra o Día das xentes do mar coincidindo coa festa da súa patroa, a Nosa Señora do Carme, ou sexa, o 16 de xullo. O lema desta xornada no 2024 é «Coidade dos mares; coidade das súas xentes»

Novena na honra da Virxe do Carme en Lugo

Entre os días 8 e 16 de xullo a Capela do Carme (Lugo) acolle a Novena na honra da Benaventurada Virxe do Monte Carmelo.

O día 8 predica a Novena o Sr. Bispo Mons. Alfonso Carrasco. O resto dos días farao o sacerdote de Santiago a Nova, Daniel Gil.

Horario

Haberá misas todos os días ás 9 da mañá e ás 19,30 h rosario, novena e misa.

O día da patroa (día 16) haberá misas ás 9, 10, 11 e 12 h da mañá. A esa hora será a misa solemne e tras a súa conclusión quedará exposto o Santísimo. Pola tarde haberá rosario, novena e misa a partir das 19,30. Ao finalizar a misa haberá procesión.

O día 17 celébrase unha misa ás 19,30 h polos confrades defuntos.

Durante o mes de xullo a capela permanece aberta todos os días da semana excepto os luns en horario de 11 a 13 e de 17 a 20 h.

Novena na honra da Virxe do Carme

A Capela do Carme (Lugo) acolle a Novena na honra da Virxe do Carme desde o xoves día 8 até o día 16 de xullo. Este ano será oficiada polo párroco de San Lázaro da Ponte Abraham Sánchez Pujante.

Horarios: Todos os días celébrase Misa ás 9 da mañá e ás 20 horas. Ás sete e media haberá rosario.

Día 16: haberá misas ás 9, 10, 11 e 12 da mañá; a esa hora será a Misa solemne e a partir de entón quedará exposto o Santísimo até as sete da tarde. Ás 20h celébrase a Misa e ao final, no canto de procesión, sacarase a imaxe da Virxe até a porta da capela e cantaráselle unha salve.

Haberá cadeiras fronte ao templo e dúas pantallas para poder seguir os actos.

Novenas na honra da Virxe do Carme

A Capela do Carme de Lugo acolle desde o día 8 de xullo a Novena na honra da Virxe do Carme, co seguinte horario:

  • 9 h Novena – José Manuel Penela Campos

  • 19: 30 h Rosario

  • 20 h Misa (preside o misioneiro comboniano Juan Antonio Fraile Gómez)

O último día, o 16 de xullo, celébranse eucaristías cada hora desde as 9 ata as 12, esta última é Misa solemne. E pola tarde preside a Eucaristía Mons. Alfonso Carrasco.

O día 17 ás 19:30 h ofíciase unha Misa polos defuntos.

No nº 3 da revista Lvcensia por Gonzalo Fraga Vázquez publicou un artigo sobre a historia da capela e a súa confraría.

Na igrexa parroquial de Melide, desde o día 7 celébrase a Novena na honra da Virxe do Carme con este horario: 8:00 – 19:00 – 21:00 h

Tamén desde o 7 de xullo na Parroquia da Estación de Monforte de Lemos está a celebrarse a Novena na honra da Virxe do Carme. Ás 18:45 h é o rezo do rosario, ás 19:15 h a Novena e ás 19:30 h a Eucaristía.

Celebracións na Capela do Carme, Lugo

O 16 de xullo a Capela do Carme (Lugo) acolle as celebracións en honra á Virxe María do Monte Carmelo. Pola mañá hai misas cada hora a partir das 9 e ata as 12, cando é a Misa Solemne e trala cal quedará exposto o Santísimo.

Pola tarde, a partir das 19:30 h sucédense os seguintes actos: rosario, novena, Misa presidida por Mons. Alfonso Carrasco e procesión.

Para seguir a Eucaristía instalaranse dúas pantallas de televisión e cadeiras diante do templo.

A procesión discurrirá pola rúa do Miño, a Praza do Campo, a Rúa Nova e a Praza da Soidade, onde o grupo de gaitas Nubeiro e o coro Cantabile interpretarán unha composición en honra á Virxe. Con relación a anos anteriores, hai unha ampliación do percorrido da procesión, que tamén inclúe como novidade que os costaleiros portadores da imaxe da Virxe e os que levan a cruz e os ciriais irán ataviados con túnicas brancas. Trala procesión, Mons. Alfonso Carrasco imporá o escapulario a quen o desexe.

O 17 de xullo ás 19:30 h celébrase unha Misa polos confrades defuntos.

A %d blogueros les gusta esto: