Celebración da Virxe da Saúde en Adai, Lugo

Os días 15 – 17 de setembro celébrase o triduo na honra da Virxe da Saúde en Adai (Lugo) ás sete da tarde, como preparación para a festa do domingo día 18. Nese día, haberá misas toda a mañá, a partir das 10, finalizando á unha coa bendición de todas as obras realizadas no templo; a tradicional “bendición de chaves” e a misa Solemne, que presidirá o Vigairo Xeral da Diocese Mario Vázquez Carballo.

A este santuario mariano, que dista tres quilómetros da cidade de Lugo, unido pola estrada das Saamasas a Ombreiro, á beira do río Miño, con abundantes sombras e varios asentos, achegaranse os seus devotos, sobre todo peregrinos de Lourdes.

En anos anteriores visitaron este santuario xentes de Baralla, Chantada, Sarria, etc. Este ano, que de novo celébrase solemnemente a súa festa, espérase que se acheguen maior número de hospitalarios de Lourdes, dado que non se peregrinou ao santuario francés.

O templo está totalmente renovado pois nestes últimos anos mellorouse o artesonado, a pavimentación; hai tribuna e tellado novos; pinturas, con nova cor no presbiterio…

Triduo en honra da Virxe da Saude en Adai

A igrexa de Santa María Madalena de Adai (Lugo) acolle un triduo en honra da Virxe da Saúde a partir do día 19 setembro.

Entre os días 19 e 21 hai celebracións ás 19 h presididas polos cóengos máis novos da Catedral lucense:

  • Xoves 19: César Manuel Carnero Rodríguez, dtor. do Museo Diocesano e Delegado Episcopal de Patrimonio
  • Venres 20: Luis Varela Castiñeira, prefecto de Música e cura de Santiago A Nova
  • Sábado 21: David Varela Vázquez, maxistral e reitor do Seminario

O domingo 22 celébranse misas ás seguintes horas: 9, 10, 11 e 12. Ás 13 será a Misa Solemne, presidida polo bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco. A continuación, bendición de chaves e procesión.

Instálase unha carpa e actúan varios grupos. Todos os domingos do ano no Santuario da Saúde celébrase a Eucaristía ás 12 h.

Celebracións en honra da Virxe da Saúde en Adai

O triduo que se celebra en Sta. Mª Madanela de Adai (Lugo) en honra da Virxe da Saúde comeza o xoves 20 de setembro ás 19h.

O consiliario da Hospitalidade de Lourdes e párroco de Monterroso, Manuel Otero, preside a celebración solemne do primeiro día; o venres día 21, farao Miguel Asorey, Delegado diocesano do Clero e párroco de Meira.

E o sábado 22 correspóndelle presidir o último día do Triduo ao reitor do Seminario Diocesano e cóengo da Catedral, David Varela Vázquez.

O domingo, día 23, haberá misas desde as 9 da mañá; celebrándose a Solemne ás 13 horas, presidida por D. Alfonso Carrasco Rouco, Bispo de Lugo.

Trala Misa Solemne do día 23, realizarase a “Bendición de chaves” e a Procesión ao redor do Santuario, finalizando os actos coa veneración á imaxe da Virxe da Saúde. En torno ao Santuario, haberá carpa e actuacións de varios grupos.

En Adai a Virxe da Saúde estreará himno e estandarte

O triduo que se celebra en Sta. Mª Magdalena de Adai (Lugo) en honra da Virxe da Saúde estará presidido ás 19:30h polos Arciprestes da zona e colindantes: O xoves 14 de setembro por D. Francisco García Campo, párroco de San Vicente de Rábade e arcipreste de Cotos da Esquerda.; o venres día 15, farao D. Antonio Fernández González párroco do Bo Pastor de Lugo e arcipreste da cidade de Lugo e o sábado día 16 dirixirao o arcipreste de Cotos da Dereita: D. José Chorén López, párroco de San Pedro de Soñar.

O domingo, día 17, haberá misas desde as 9 da mañá; celebrándose a Solemne ás 13 horas, presidida por D. Severino Suárez, Párroco de San Francisco Xavier da Coruña e Arcipreste da cidade herculina.

Este ano estréase o himno á Virxe da Saúde, composto por D. José Molejón Rañón, organista da Catedral de Lugo e gran devoto da Virxe. Tamén se conta, por primeira vez, co estandarte da Virxe da Saúde deste Santuario, doado por unha devota.

Trala Misa Solemne do día 17, realizarase a “Bendición de chaves” e a Procesión ao redor do Santuario, finalizando os actos coa veneración á imaxe da Virxe da Saúde.

En torno ao Santuario, haberá carpa e actuacións de varios grupos.

Triduos en honra á Virxe das Dores e á Virxe da Saúde

virxe-das-dores-e-da-saude

Os días 13, 14 e 15 de setembro e coincidindo coa súa festividade, a Confraría Franciscana do Desencravo do Señor e das Maiores Dores de María  celebrará un triduo en honra á Virxe das Dores na igrexa dos PP. Franciscanos de Lugo co seguinte horario: Ás 19,00 horas: Santo Rosario e ás 19,30 horas: Santa Misa. O triduo está predicado por frei Amado González. O día 15, a Misa será cantada polo Orfeón Xoán Montes, de Lugo, e ao finalizar a mesma, haberá un bicamáns á Virxe das Dores, para todas aquelas persoas que queiran achegarse. Nesta celebración, a Virxe volverá lucir o seu valiosísimo e espectacular Manto Procesional, confeccionado en 1965 en Valencia con veludo negro bordado en ouro e adornado con pedrería e perlas, e considerado polos entendidos como o máis valioso dos que existen na Semana de Paixón galega.

O santuario de Santa María Madanela de Adai acolle un triduo en honra á Virxe da Saúde. O primeiro día, o 15 de setembro, ás sete da tarde preside Luciano Armas; o día 16 á mesma hora, a celebración está presidida por Miguel Álvarez e o día 17 presidirá César Carnero. O domingo 18 hai misas desde as 9 da mañá e ás 13 h será a Misa Solemne, oficiada polo Vicario Xeral da Diocese Mario Vázquez. Trala Misa será a bendición de chaves e a procesión. Haberá unha carpa e actuarán varios grupos.

A %d blogueros les gusta esto: