O martes 10 de decembro ás 20 h na igrexa de Santiago A Nova (Lugo) comeza unha Novena na honra da Virxe da Esperanza. O predicador será o párroco de Betanzos Santiago Pérez González. O último día, 18 de decembro, a celebración estará presidida polo bispo Mons. Alfonso Carrasco e actuará o Orfeón Lucense.
Virxe da Esperanza
Novena en honra da Nosa Señora a Virxe da Esperanza
A Parroquia de Santiago A Nova acolle a Novena en honra da Nosa Señora a Virxe da Esperanza. Terá lugar do 10 ao 18 de decembro ás 20.00 hs. na igrexa parroquial de Santiago A Nova. O predicador é Pegerto Vázquez López.
Campaña de recollida de alimentos: a mesma Parroquia inicia esta campaña para a que se necesitan voluntarios entre os días 16 e 17 de decembro (venres e sábado).
Campaña Doce Nadal: Un ano máis ofrécese a oportunidade de colaborar con esta campaña achegando/comprando algún doce caseiro, licores ou produtos ecolóxicos. A exposición dos diferentes produtos estará aberta desde o venres 16 ata o domingo 18.
Coloquios sobre a exhortación apostólica Amoris Laetitia do Papa Francisco e que aborda distintos aspectos da vida familiar no noso tempo. Comézase o 12 de xaneiro e habitualmente serán na igrexa da Nova, os xoves, de 19.00 a 20.00 hs.
Novena en honra da Virxe da Esperanza
Do 10 ao 18 de decembro celebrarase a novena en honra da Virxe da Esperanza, ás 20 horas na parroquia de Santiago A Nova. Os predicadores son o Reitor do Seminario, David Varela Vázquez, sacerdotes da Nova, o capelán da confraría Alejandro Pin. E o día 18 clausurará o Sr. Bispo, con actuación do Orfeón Lucense. Organiza a Confraría da Virxe da Esperanza de Lugo.
Novena en honra da Virxe da Esperanza
Entre os días 10 e 18 de decembro a igrexa parroquial de Santiago A Nova acolle a novena en honra da Virxe da Esperanza. A Insigne Confraría da Santísima Virxe da Esperanza de Lugo organiza esta novena co lema A fe na vida de María e co seguinte programa:
1º día: Bispo de Zamora, Mons. Gregorio Martínez Sacristán Tema, a Anunciación
2º día: Don Marcos Torres Gomez. Tema, a Visitación
3º día: Don David Varela Vázquez. Tema, o Nacemento
4º día: Don Mario Vázquez Carballo. Tema, presentación do Neno
5º día: Don Daniel García Garcia. Tema, o Neno perdido no Templo
6º día: Don Gerardo Sampayo Vázquez. Tema, as Vodas de Caná
7º día: Don José Pérez Barreiro. Tema, María ao pé da Cruz
8º día: Don Alejandro Pín Díaz. Tema, María na oración cos Apóstolos
9º día: Bispo de Lugo, Monseñor Alfonso Carrasco. Tema, a Virxe da Esperanza