Xornada de Responsabilidade no Tráfico

O 7 de xullo celébrase a Xornada de Responsabilidade no Tráfico, en pleno éxodo das vacacións de verán e ás portas da festa de san Cristovo, patrón de condutores e transportistas.

«Eu son o Camiño e a Verdade e a Vida» (Xn 14,6) é o lema da 56.ª Xornada Nacional de Responsabilidade no Tráfico que propón a pastoral da estrada. El non é un camiño, é o Camiño. Non é unha verdade, é a Verdade, ademais de ser a Vida que dura para sempre.

É un día para ter moi presentes aos condutores e transportistas, e agradecerlles os bos servizos que prestan en ben da sociedade. Tamén se trata de tomar conciencia da responsabilidade que deben ter condutores e peóns.

Pídese a Deus, que, por intercesión de santa María da Prudencia e san Cristovo, cada día os usuarios das vías públicas cheguen felizmente ao seu destino.

[Materiais]

Xornada de Responsabilidade no Tráfico

O domingo 2 de xullo celébrase a Xornada de Responsabilidade no Tráfico e lémbrase a san Cristovo, patrón dos transportistas e condutores.

O lema deste ano é «Encomenda o teu camiño ao Señor e El actuará», está tomado do salmo 37, e convida a dedicar uns intres á oración: antes, durante ou ao final da viaxe. Pídese unha condución tranquila, gozando da compañía que leve, ou sinxelamente, gozar da paisaxe contemplando a obra creadora de Deus.

Nesta xornada tense moi presente a todos os transportistas e profesionais do volante, así como a todos os condutores, para que, coa debida responsabilidade, eviten toda clase de  accidentes. Tamén se ten presente aos peóns, aos que investigan nos laboratorios de seguridade viaria, a quen traballan en autoescolas.

[Materiais]

 

 

31 de maio, xornada «Enxugar as bágoas»

O departamento de Pastoral da estrada convoca para o 31 de maio a xornada «Enxugar as bágoas». Trátase de acompañar, rezar e dar unha palabra de alento e de esperanza ás persoas que viven coas secuelas de sufrir un accidente de tráfico e ás familias que perderon a un ser querido na estrada. Elixiuse como data o 31 de maio, día no que se celebra a Visitación da Virxe a Santa Isabel.

O director do departamento de Pastoral da Estrada, José Aumente, presidirá a Eucaristía o 31 de maio ás 11.00 horas na Basílica da Concepción de Madrid, retransmitida por TRECE TV.

[Materiais]

Xornada de Responsabilidade no Tráfico

O primeiro domingo de xullo, celébrase a Xornada de Responsabilidade no Tráfico que, desde fai cincuenta e catro anos, impulsa o Departamento de Pastoral da Estrada da Conferencia Episcopal Española ás portas da festa de san Cristovo, patrón dos transportistas e condutores.

O lema da Xornada deste ano 2022 está tomado do Evanxeo de san Lucas «María púxose en camiño».

Estamos en plena época de desprazamentos masivos de vehículos con motivo das vacacións, as numerosas festas patronais… Todo iso, como condutores, esixe máxima responsabilidade. Na nosa comunidade parroquial, como na sociedade, á parte de peóns, a maioría tamén conduce.

Os bispos da Subcomisión Episcopal para as Migracións e Mobilidade Humana – Departamento de Pastoral da Estrada da Conferencia Episcopal, apelan “á conciencia e ás ensinanzas evanxélicas e da Igrexa, que non se limitan a lembrarnos o deber de non facer mal a ninguén, senón o de facer o ben a todos, até o punto de amar ao próximo como a un mesmo… A estrada non debe ser unicamente un lugar de ir e de vir, senón tamén un lugar de vivir a fe, de encontro, de diálogo, de goce, de convivencia, de oración”

[Materiais da Xornada]

VII Xornada “Enxugar as bágoas”

O martes 31 de maio, Festa da Visitación de María a Santa Isabel, celébrase a VII Xornada Enxugar as bágoas: “Orar e acompañar a quen sufriron un sinistro de tráfico ou perderon a un ser querido”.

O Departamento de Pastoral da Estrada da Conferencia Episcopal desexaría unha seguridade viaria plena onde ninguén teña que sufrir por padecer un grave accidente ou perder a un ser querido, pero, mentres non chegue ese día, pídese non esquecer enxugar as bágoas a quen o necesiten.

A %d blogueros les gusta esto: